Estas aquiPrincipios
Principios
"O alcalde de Porto Alegre decide moito menos que calquera outro, mais as suas decisións foron baseadas en decisions colectivamente artelladas e iso faille un alcalde moito mais forte que os outros.- Renuncia a decidir moitas cousas, pero eso amplia extraordinariamente a sua representación política" Tarso Genro, alcalde de Porto Alegre 1993-1996 e 2001-2001 e Ministro de Educación do Brasil.
PRINCIPIO DE INDEPENDENCIA: Rexeitamos calquera tipo de inxerencia politica, relixiosa, economica ou de calquera outro tipo que poida poñer en dubida a nosa independencia de facer ou decir.
PRINCIPIO DEMOCRATICO: As Asambleas serán o máximo órgano de goberno, como espazo de debate, de toma de decisións e de participación activa individual.
PRINCIPIO DE PUBLICIDADE E TRANSPARENCIA: Tanto os aspectos economicos, como de desenrrolo de actividades e reivindicacións, seran recollidos na memoria anual que terá caracter público, polo que deberá estar a disposición, non soio dos membros da asociación, senon da cidadania en xeral.- As Asambleas xerais poderá acudir calquera persoa allea a asociación previa solicitude ou convidada por un/unha asociado/a, permitindoselle o dereito a voz, non a voto.
PRINCIPIO DE PARTICIPACION: Fomentar a participación activa dos/as asociados/as, nas asambleas, actividades, traballos, etc.e colaborando con outros colectivos afins para o desenrrolo das nosas ou das suas iniciativas.














